Categorías
Noticias

ReNatur_Outes a debate na Facultade de Bioloxía da USC

Devolverlle á contorna fluvial o seu carácter natural, mellorar o bosque de ribeira e promover a biodiversidade do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano. Con estes obxectivos naceu ReNatur_Outes, unha iniciativa que mostra como a colaboración entre universidade, administración local, fundacións e cidadanía pode contribuír a un territorio máis sostible e resiliente.

O proxecto, no que participou pesoal investigador das tres universidades públicas galegas, o Concello de Outes, a Fundación CEER e Montescola, ven de presentar na Facultade de Bioloxía da USC os seus resultados finais depois de tres anos de traballo conxunto.

Renatur_Outes consolídase como un modelo eficaz e replicable que conecta a acción local cos grandes retos europeos de transición ecolóxica”, sinalou Inês Gusman, directora da Fundación CEER, entidade encargada de coordinar o proxecto. Ademais, subliñou que “a recuperación do río Tins e do seu bosque, guiada polo coñecemento científico e pola participación cidadá, demostra que esta transición se constrúe desde o territorio, integrando ciencia, comunidade e natureza. Os resultados acadados confirman que a colaboración entre diferentes universidades, a administración local e entidades como a Fundación CEER e Montescola permite transformar coñecemento en acción e compromiso en resultados”. Para Gusman, “iniciativas como Renatur_Outes abren camiño cara a un territorio con máis biodiversidade, no que a restauración ecolóxica actúa como motor de transformación territorial e benestar colectivo”.

Ao longo destes anos, o proxecto acadou avances significativos:

  • Máis de 20.000 m2 de áreas verdes creadas ou restauradas
  • 2 km de cauce fluvial restaurados
  • Máis de 4 km de río limpo
  • 300 m² de illas de biodiversidade xeradas
  • Máis de 600 persoas participantes en accións de voluntariado ambiental
  • Máis de 800 persoas implicadas en procesos de gobernanza e participación social

Recuperación Ecolóxica e eliminación de invasoras

Na xornada presentaronse os avances en biodiversidade e ecoloxía e analizáronse as diversas actuacións realizadas para a mellora da conectividade do leito fluvial, recuperación do bosque de ribeira e o control de especies invasoras como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia.

Estas accións permitiron reducir a presión das invasoras e favorecer a rexeneración da vexetación autóctona de ribeira.

Participación cidadá e voluntariado

Durante a sesión abordouse tamén a dimensión social do proxecto. Ao longo destes anos organizáronse numerosas xornadas de voluntariado, actividades de educación ambiental e sesións de gobernanza para implicar á propia veciñanza de Outes.

Máis de 600 persoas participaron directamente en accións de voluntariado, mentres que máis de 800 tomaron parte en procesos de gobernanza e diálogo social vinculados á transformación do río.

Esa participación foi fundamental para establecer prioridades e poder axustar as intervencións á realidade social do concello. 

Próximas xornadas

A xornada celebrada hoxe forma parte dun ciclo que continuará nas restantes universidades galegas participantes:

  • Universidade de Vigo – 6 de marzo, ás 10.30 h
  • Universidade da Coruña – 13 de marzo, ás 10.30 h

Renatur_Outes é froito da colaboración entre o ámbito universitario, o Concello de Outes e as fundacións CEER e Montescola. O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – Next GenerationEU.

Categorías
Noticias

26 de febreiro: o río Tins como laboratorio de sustentabilidade

O río Tins converteuse nos últimos tres anos nun auténtico laboratorio vivo de sustentabilidade, no que a ciencia, a xestión pública e a educación ambiental traballaron da man para avanzar na recuperación dos ecosistemas fluviais.

Todo o aprendido neste proceso será compartido nunha xornada do proxecto Renatur_Outes, que terá lugar o vindeiro mércores 26 de febreiro ás 16.00 horas, na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Durante a xornada presentaranse os principais resultados do proceso de renaturalización do río Tins ao seu paso polo concello de Outes, facendo especial fincapé na mellora da biodiversidade, na restauración do bosque de ribeira e no impacto ambiental e social destas actuacións no territorio. O encontro servirá tamén para compartir aprendizaxes e reflexionar sobre os retos de futuro na xestión sostible dos ríos.

O programa incluirá unha presentación institucional, unha exposición técnica dos resultados do proxecto e un peche informal que facilitará o intercambio entre persoas asistentes, investigadores e entidades colaboradoras.

A asistencia á xornada é gratuíta, con inscrición previa a través do correo electrónico comunicacion@fceer.org.

Renatur_Outes está coordinado polo Centro de Estudos Eurorrexionais (Fundación CEER) e liderado polo Concello de Outes, e conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas —Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo— así como de Montescola. O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Categorías
Noticias

A xestión de especies invasoras do ReNatur_Outes no 2º webinar NatUrbana

O pasado venres 6 a experiencia de xestión de especies exóticas invasoras no proxecto ReNatur_Outes foi unha das tres experiencias destacadas no 2º webinario NatUrbana Conecta, un encontro virtual para explorar como as cidades e vilas integran e infraestrutura verde e a renaturalización na súas estratexias urbanas. Na intervención e posterior debate expúxose a estratexia seguida en Outes para abordar as distintas especies exóticas invasoras presentes nas marxes do río Tins.

O webinario, centrado na xestión de especies exóticas en proxectos de renaturalización urbana e restauración fluvial, abordou os principais retos técnicos e operativos asociados ao seu control, eliminación e seguimento. Os casos analizaron as estratexias de intervención aplicadas, os condicionantes técnicos e as dificultades atopadas, así como os principais aprendizaxes derivados da súa implementación en contornas urbanas e fluviais.

O evento foi organizado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para impulsar o intercambio de coñecemento e experiencias no marco de NatUrbana Conecta, a comunidade de práctica sobre renaturalización de cidades e seguimento de indicadores desenvolvida no contexto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Categorías
Noticias

APRAZADA: xornada de río aberto en Outes

Logo de tres anos de andadura do proxecto ReNatur_Outes, as entidades promotoras e a veciñanza de Outes séntanse para mirar atrás, rever os logros desta iniciativa para a recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano, e trazar unha folla de ruta para continuar avanzando na conservación, restauración e posta en valor do río Tins e a súa conca fluvial.

A xornada terá lugar o venres 6 de febreiro, comezando ás 16:00 na Casa da Cultura da Serra de Outes. Logo dun café de benvida, farase unha visita á zona de ribeira, onde se inaugurará o “bosque comestible” e varios paneis interpretativos que explican a importancia do río e os resultados do proxecto nestes últimos anos. Precisamente o bosque comestible, unha plantación de variedades locais de fronteiras, foi unha proposta da veciñanza expresada nas sesións de gobernanza cidadá.

A partir das 18:00, xa de volta na Casa da Cultura, terá lugar a última sesión de gobernanza do proxecto, que finaliza a finais de marzo. Nunha primeira parte as distintas entidades do proxecto (Concello de Outes, universidades da Coruña, Santiago e Vigo, Fundación CEER e Fundación Montescola) ofrecerán unha panorámica dos logros dos tres últimos anos. A seguir, convidarase a todas as presentes a trazar unha folla de ruta para os próximos 5 anos e a definir un marco de cooperación para a súa posta en práctica.

Acordo de custodia fluvial

A sesión pretende consensuar un grande acordo de custodia fluvial para o río Tins que, partindo da Declaración de dereitos do río Tins e os compromisos da súa comunidade ribeirá aprobada por unanimidade en febreiro de 2024, permita continuar no tempo coas accións de restauración e xestión do espazo fluvial e da súa contorna.

O acordo será o primeiro das súas características na comarca, establecendo ademais un Consello Fluvial do río Tins, do que non só farían parte as 6 entidades asinantes mais que estará tamén aberto á participación da cidadanía e tecido asociativo de Outes. O acordo pretende definir as responsabilidade de cada entidade e os xeitos nos que se implicará á veciñanza na consecución dos obxetivos ata 2031.

Inscrición gratuita e aberta

A participación no evento é aberta a todo o público mais solicítase inscrición previa, pois ao final da sesión ofreceranse uns petiscos de despedida. Pódese confirmar presenza enviando un email a info@montescola.org ou presencialmente na Casa do Concello de Outes.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias Plantacións

O campamento de Nadal de Outes volta ao río Tins

As nenas e nenos do campamento Tempo de Nadal 2025-26 do programa Outes Concilia despidiron o ano contribuindo ao proxecto de renaturalización do río Tins ao seu paso pola Serra de Outes (ReNatur_Outes).

O venres 26 foron as protagonistas dunha actividade guiada polas monitoras do campamento e técnicas de Montescola, na que plantaron carballos á beira do río e construíron un hibernáculo de réptiles, deseñado para resgardar as poboacións presentes no Tins.

As cativas aprenderon sobre os réptiles e escarabellos da zona visitando un dos refuxios de insectos instalados nas proximidades do río. Tamén conseguiron identificar varias especies exóticas invasoras axudando a eliminar unha das manchas de Tradescantia fluminensis da zona fluvial. Con esta acción, contribuise ás medidas de restauración dos habitats e especies de ribeira do río Tins.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Plantacións Voluntariado

O voluntariado fluvial volta ao río Tins

O próximo luns 15 de decembro retómanse as plantacións de frondosas autóctonas como parte das intervencións de voluntariado ambiental para a renaturalización fluvial do río Tins no Concello de Outes. Desta volta as persoas participantes plantarán carballos e freixos, árbores frondosas propias dos bosques de ribeira, a carón do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano da Serra de Outes. A acción está aberta ao público e xa está confirmada a participación de varias integrantes da Asociación ADISBISMUR.

Na xornada da próxima semana tamén se construirá un hibernáculo, refuxio de réptiles deseñado para resgardar as poboacións presentes na beira do Tins. En paralelo, consolidarase o proceso de eliminación de especies exóticas invasoras presentes na zona, descascando rebrotes de acacia negra.

Pódese apuntar calquera persoa e de calquera idade enviando un email a info@montescola.org ata o domingo 14. Os traballos comezarán ás 10:00 e seguiranse ata as 13:30 aproximadamente, aproveitando a xornada para continuar coa eliminación simultánea de especies exóticas invasoras como a tradescantia ou crocosmia. O punto de encontro será a Casa da Cultura de Outes.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias

O Tins no Seminario Xustiza ecolóxica e empoderamento social

O proxecto internacional Speak4Nature organizou o pasado 18 de novembro un webinario internacional sobre “Xustiza ecolóxica e empoderamento social: Participación política fronte a conflitos por cauces de auga”, no que se abordaron casos de Arxentina, Brasil, Paraguai, Bolivia, Ecuador e México, ademais do exemplo do río Tins e a súa declaración de dereitos.

O evento foi moderado por investigadoras da Universidad Nacional del Litoral, da Arxentina, mentres que o caso do río Tins foi presentado por Joám Evans, da Fundación Montescola. Na presentación Representación de la naturaleza: el caso del río Tins (Galicia) expúxose o proceso que levou á adopción da Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da veciñanza ribeirá, aprobada por unanimidade do pleno en 2024, como exemplo do recoñecemento dos Dereitos da Natureza e de como estes contribúen para o desenvolvemento sostible.

Proxecto ReNatur_Outes

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias

O río Tins no 1º Encontro Iberoamericano de RCEs

O río Tins e a súa Declaración de Dereitos foron discutidos esta semana no 1º Encontro Iberomericano de Centros Rexionais de Competencia en Educación para o Desenvolvemento Sostible (RCEs), un evento organizado en Bilbao por UN ETXEA e a Cátedra UNESCO da Universidade de Deusto, como parte do proxecto Factoría 4.7 – Plataforma Iberoamericana de Educación para o Desenvolvemento Sostible (EDS).

Na presentación Los derechos de la naturaleza desde una comunidad local: el caso del río Tins (Galicia) expúxose o proceso que levou á adopción da Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da veciñanza ribeirá, aprobado por unanimidade do pleno en 2024, como exemplo do recoñecemento dos Dereitos da Natureza e de como estes contribúen para o desenvolvemento sostible.

No coloquio posterior, explicouse en detalle a abordaxe da participación e gobernanza do proxecto ReNatur_Outes, así como o funcionamento do Consello Fluvial creado a partir da Declaración de dereitos do río.

Proxecto ReNatur_Outes

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias

Retiramos falsa acacia e lixo na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos

O domingo 21 de setembro o voluntariado fluvial do proxecto ReNatur_Outes botouse de novo á ribeira do río Tins na Serra de Outes para continuar a eliminación de pes de falsa acacia (Robinia pseudoacacia), especies exótica invasora da que xa restan apenas media ducia de exemplares na parte posterior do CEIP de Outes. Ao longo do proxecto retiráronse máis de 5 toneladas de madeira desta especie.

Ademais, a xornada encandrábase na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos do Proxecto Ríos que coordena desde 2008 o Proxecto Ríos de ADEGA, aproveitando para retirar case 100 kg de lixo da zona de actuación, incluíndo residuos voluminosos aínda presentes desde as cheas do inverno pasado.

A acción deste domingo tiña así o dobre obxectivo de continuar retirando residuos mentres se controlaron rebrotes de especies exóticas invasoras como a falsa acacia, o bambú, a tradescantia ou a crocosmia, sobre as que tamén se leva actuando intensamente desde o inicio do proxecto.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias

Os dereitos do Tins a debate en Outes

Unha trintena de veciñas participaron no faladoiro sobre os dereitos do río Tins e o proxecto de renaturalización do río Tins organizado no serán do venres 5 na Libraría Social ULA. Organizado por veciñanza de Outes, o evento procuraba achegar a Declaración de Dereitos do río Tins e as restantes actividades do proxecto ReNatur_Outes á comunidade, presentando resultados, respondendo a cuestións e discutindo sobre o futuro do río.

O coloquio contou coas intervencións de Joám Evans, diretor da Fundación Montescola, e Jonatan Rodríguez, investigador da Universidade de Santiago de Compostela, que expuxeron algún dos resultados e desafíos do proxecto, levando a un animado coloquio coas participantes.

A seguir, iniciouse un roteiro desde a Horta do Muíño no que se puideron coñecer de primeira man algúns dos resultados do proxecto (refuxios de coleópteros, reintrodución de fieitos relictos, plantación de árbores e arbustos, caixas niños e zonas de control de invasoras), da man das explicacións das entidades socias do proxecto.