Categorías
Noticias

O Tins no Seminario Xustiza ecolóxica e empoderamento social

O proxecto internacional Speak4Nature organizou o pasado 18 de novembro un webinario internacional sobre “Xustiza ecolóxica e empoderamento social: Participación política fronte a conflitos por cauces de auga”, no que se abordaron casos de Arxentina, Brasil, Paraguai, Bolivia, Ecuador e México, ademais do exemplo do río Tins e a súa declaración de dereitos.

O evento foi moderado por investigadoras da Universidad Nacional del Litoral, da Arxentina, mentres que o caso do río Tins foi presentado por Joám Evans, da Fundación Montescola. Na presentación Representación de la naturaleza: el caso del río Tins (Galicia) expúxose o proceso que levou á adopción da Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da veciñanza ribeirá, aprobada por unanimidade do pleno en 2024, como exemplo do recoñecemento dos Dereitos da Natureza e de como estes contribúen para o desenvolvemento sostible.

Proxecto ReNatur_Outes

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *