O pasado venres 6 a experiencia de xestión de especies exóticas invasoras no proxecto ReNatur_Outes foi unha das tres experiencias destacadas no 2º webinario NatUrbana Conecta, un encontro virtual para explorar como as cidades e vilas integran e infraestrutura verde e a renaturalización na súas estratexias urbanas. Na intervención e posterior debate expúxose a estratexia seguida en Outes para abordar as distintas especies exóticas invasoras presentes nas marxes do río Tins.
O webinario, centrado na xestión de especies exóticas en proxectos de renaturalización urbana e restauración fluvial, abordou os principais retos técnicos e operativos asociados ao seu control, eliminación e seguimento. Os casos analizaron as estratexias de intervención aplicadas, os condicionantes técnicos e as dificultades atopadas, así como os principais aprendizaxes derivados da súa implementación en contornas urbanas e fluviais.
O evento foi organizado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para impulsar o intercambio de coñecemento e experiencias no marco de NatUrbana Conecta, a comunidade de práctica sobre renaturalización de cidades e seguimento de indicadores desenvolvida no contexto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
