Tras tres anos de traballo, investigación e colaboración o proxecto Renatur_Outes chega ao seu peche.
O vindeiro 27 de marzo xuntarémonos para compartir os resultados coa veciñanza, coñecer de preto os cambios no río Tins e seguir abrindo conversa sobre o seu futuro.
Programa da xornada:
☕ 16.00 h — Café de benvida
🗣️ 16.30 h — Apertura institucional
🌱 17.00 h — Inauguración dos novos paneis divulgativos e do bosque comestible
📊 18.30 h — Sesión de Gobernanza e resultados
🥂 19.30 h — Peche con petiscos e agasallos
Agardámoste!
📅 Venres, 27 de marzo
📍 Auditorio da Casa da Cultura de Outes
📩 Inscrición: comunicacion@fceer.org

Renatur_Outes é froito da colaboración entre o ámbito universitario, o Concello de Outes e as fundacións CEER e Montescola. O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – Next GenerationEU.
