O proxecto ReNatur_Outes ofreceu este 4 de decembro un obradoiro de fototrampeo coas nenas e nenos de 1º e 2º de primaria do CEIP Plurilingüe de Outes. A sesión foi deseñada por Javier Gómez, colaborador de Montescola, e facilitada polo profesorado do centro, como paso previo ao inicio de actividades de fototrampeo por parte do alumnado no entorno fluvial do río Tins.
Durante a sesión, na que participaron 60 nenas e nenos, fíxose unha introdución ao fototrampeo, explicando como é onde colocar as cámaras e algúns consellos para ‘capturar’ animais utilizando esta técnica. O alumnado puido ver alguns vídeos de fauna silvestre grabados coas cámaras de Montescola e tamén experimentar os resultados da cámara na propia sala. Tamén se atenderon as preguntas agudas das cativas, tomando nota das súas ideas para levar o aprendido á práctica.
Neste curso escolar, o CEIP Plurilingüe de Outes está desenvolvendo un proxecto sobre a biodiversidade no río Tins, situado do lado do propio centro, o que se presta a múltiples posibilidades de colaboración co proxecto ReNatur_Outes.
A presentación elaborada por Javier Gómez pode descargarse aquí.