Este venres 11 de abril 40 usuarias e monitoras da Asociación A Creba participaron nunha xornada de voluntariado do proxecto de renaturalización do río Tins en Outes (ReNatur_Outes), centrada na recollida de lixo e retirada de especies exóticas invasoras no treito final do leito fluvial até a súa desembocadura no esteiro, xa en Rede Natura 2000. A primeira convocatoria será o venres 11 para a recollida de lixo, e contará coa colaboración da Asociación A Creba, estando aberta á participación de calquera persoa que se queira achegar.
As acción tivo o dobre obxectivo de eliminar as especies exóticas invasoras presentes neste espazo protexido e continuar coa recollida de lixo procedente das enchentes do pasado inverno. Máis as usuarias d’A Creba tamén puideron coñecer a iniciativa de ciencia cidadá para o mapeo da biodiversidade da contorna do Tins, utilizando a aplicación iNaturalist, que conta cun proxecto específico para o ReNatur_Outes.






Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.