O río Tins e a súa Declaración de Dereitos foron discutidos esta semana no 1º Encontro Iberomericano de Centros Rexionais de Competencia en Educación para o Desenvolvemento Sostible (RCEs), un evento organizado en Bilbao por UN ETXEA e a Cátedra UNESCO da Universidade de Deusto, como parte do proxecto Factoría 4.7 – Plataforma Iberoamericana de Educación para o Desenvolvemento Sostible (EDS).
Na presentación Los derechos de la naturaleza desde una comunidad local: el caso del río Tins (Galicia) expúxose o proceso que levou á adopción da Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da veciñanza ribeirá, aprobado por unanimidade do pleno en 2024, como exemplo do recoñecemento dos Dereitos da Natureza e de como estes contribúen para o desenvolvemento sostible.
No coloquio posterior, explicouse en detalle a abordaxe da participación e gobernanza do proxecto ReNatur_Outes, así como o funcionamento do Consello Fluvial creado a partir da Declaración de dereitos do río.
Proxecto ReNatur_Outes
Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.
O domingo 21 de setembro o voluntariado fluvial do proxecto ReNatur_Outes botouse de novo á ribeira do río Tins na Serra de Outes para continuar a eliminación de pes de falsa acacia (Robinia pseudoacacia), especies exótica invasora da que xa restan apenas media ducia de exemplares na parte posterior do CEIP de Outes. Ao longo do proxecto retiráronse máis de 5 toneladas de madeira desta especie.
Ademais, a xornada encandrábase na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos do Proxecto Ríos que coordena desde 2008 o Proxecto Ríos de ADEGA, aproveitando para retirar case 100 kg de lixo da zona de actuación, incluíndo residuos voluminosos aínda presentes desde as cheas do inverno pasado.
A acción deste domingo tiña así o dobre obxectivo de continuar retirando residuos mentres se controlaron rebrotes de especies exóticas invasoras como a falsa acacia, o bambú, a tradescantia ou a crocosmia, sobre as que tamén se leva actuando intensamente desde o inicio do proxecto.
Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.
Unha trintena de veciñas participaron no faladoiro sobre os dereitos do río Tins e o proxecto de renaturalización do río Tins organizado no serán do venres 5 na Libraría Social ULA. Organizado por veciñanza de Outes, o evento procuraba achegar a Declaración de Dereitos do río Tins e as restantes actividades do proxecto ReNatur_Outes á comunidade, presentando resultados, respondendo a cuestións e discutindo sobre o futuro do río.
O coloquio contou coas intervencións de Joám Evans, diretor da Fundación Montescola, e Jonatan Rodríguez, investigador da Universidade de Santiago de Compostela, que expuxeron algún dos resultados e desafíos do proxecto, levando a un animado coloquio coas participantes.
A seguir, iniciouse un roteiro desde a Horta do Muíño no que se puideron coñecer de primeira man algúns dos resultados do proxecto (refuxios de coleópteros, reintrodución de fieitos relictos, plantación de árbores e arbustos, caixas niños e zonas de control de invasoras), da man das explicacións das entidades socias do proxecto.
Proxecto ReNatur_Outes
Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.
O proxecto ReNatur_Outes para a renaturalización do río Tins programou máis unha acción de voluntariado ambiental para a domingo 21 de setembro, encadrada desta vez na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos do Proxecto Ríos que coordena desde 2008 o Proxecto Ríos de ADEGA. Nos últimos anos as voluntarias de ReNatur retiraran xa centos de quilos de refugallos do leito do Tins, con especial incidencia logo das cheas do pasado inverno.
A acción deste mes de setembro ten o dobre obxectivo de continuar retirando residuos mentres se controlan posibles rebrotes de especies exóticas invasoras como a acacia, o bambú, a tradescantia ou a crocosmia, sobre as que tamén se leva actuando intensamente desde o inicio do proxecto.
O punto de encontro será a Casa da Cultura da Serra de Outes e a actividade decorrerá entre as 11:00 e as 13:00. A convocatoria está aberta a todos os públicos, sendo necesario enviar un email ata o día antes a info@montescola.org
Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.
Un informe preparado polo Secretario Xeral da ONU e dirixido á Asamblea Xeral da organización internacional destacou o caso da Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da veciñanza ribeirá, aprobado por unanimidade do pleno en 2024, como exemplo do recoñecemento dos Dereitos da Natureza e de como estes contribúen para o desenvolvemento sostible. O caso pioneiro da Serra de Outes preséntase como exemplo a nivel mundial do recoñecementos destes dereitos desde o ámbito local, servido como elemento para as recomendacións para os estados membros da ONU e o propio sistema das Nacións Unidas para desenvolver un enfoque centrado na Terra.
A Declaración aprobada no seu día polo pleno do Concello de Outes fixo historia acordando por unanimidade a un texto consensuado pola veciñanza durante un proceso participativo. Trátase da primeira vez que un concello recoñece expresamente os dereitos dun elemento natural, neste caso os do río Tins, incluíndo o dereito á protección e á conservación, ou a non ser danado nin contaminado. A Declaración tamén asume unha serie de compromisos colectivos para asegurar que estes dereitos son respectados.
A Declaración inclúe 10 dereitos e 14 compromisos que xurdiron das discusións nas que participou o tecido asociativo local, a comunidade educativa e a veciñanza a título individual, así como representantes do propio Concello de Outes e das institucións que participan do proxecto ReNatur_Outes, de cuxo proceso xurdiu a Declaración agora aprobada.
A Declaración pretender servir como marco para orientar as políticas públicas relativas á xestión do espazo fluvial do río Tins e tamén como referente para iniciativas da propia sociedade civil, comunidade educativa e do tecido empresarial do concello, que xa está a traballar en diversas iniciativas asociadas ao coidado e posta en valor de todo o que representa o Tins.
5 de setembro: Coloquio sobre os Dereitos do Tins
Ao fío desta Declaración, o venres 5 de setembro terá lugar en ULA Libraría Social (Rúa da Capela, 11) un coloqui aberto a todos os públicos sobre os Dereitos do Tins. Organizado por veciñanza da Serra de Outes, o evento procura achegar a Declaración de Dereitos do río Tins e as restantes actividades do proxecto ReNatur_Outes á comunidade, presentando resultados, respondendo a cuestións e discutindo sobre o futuro do río. O coloquio con representantes das universidades, Fundación CEER e Fundación Montescola comezará ás 18:00 e continuará cun roteiro curto desde a Horta do Muíño no que se poderán coñecer algúns dos resultados do proxecto (refuxios de coleópteros, reintrodución de fieitos relictos, plantación de árbores e arbustos, caixas niños e zonas de control de invasoras).
Proxecto ReNatur_Outes
Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.
A “Feiriña” de Outes acolleu o sábado 16 de agosto a cuarta convocatoria do Consello Fluvial do río Tins, contando coa participación de 95 persoas durante unha sesión aberta na que a veciñanza que pasou pola rúa da Capela puido facer as súas achegas e propostas en relación ao proceso de renaturalización fluvial.
Durante esta sesión preguntouse ás participantes polo seu grao de coñecemento das actividades realizadas no marco do proxecto ReNatur_Outes, así como das eivas detectadas e posibilidades de desenvolvemento futuro das liñas de acción iniciadas.
A maioría das participantes indicaron que tiñan coñecemento do proxecto, destacando entre as vías a participación escolar e a implicación das familias nas actividades educativas centradas no río; a participación directa en anteriores sesións do Consello Fluvial e a comunicación nas redes sociais.
Entre as propostas da veciñanza para mellorar o coñecemento e participación no proxecto, insistiuse na importancia do boca a boca e de continuar coas sesións abertar a pé de rúa. Outras propostas concretas incluíron a realización de sesións informativas fóra do núcleo urbano da Serra de Outes (nas distintas parroquias), unha maior implicación do tecido asociativo local e o uso de formatos non dixitais para a difusión (cartelaría en marquesinas, bares e estabelecementos comerciais).
Un modelo de participación innovador
O Consello Fluvial é un órgano de participación que emana da Declaración de Dereitos do río Tins, aprobada por unanimidade do pleno do Concello de Outes en febreiro de 2024. O Consello funciona a través de sesións plenarias, abertas á participación de toda a veciñanza e axentes sociais, así como sesións sectoriais (dirixidas a determinados grupos de interese), sesións asíncronas (convocadas durante un determinado período de tempo no que se producen múltiples encontros descentralizados para discutir un asunto coa poboación en xeral ou con determinados grupos de interese), sesións telemáticas (nas que se recadará o parecer da poboación en xeral ou de determinados grupos mediante medios electrónicos complementados con alternativas en papel) e sesións abertas, realizadas durante eventos públicos, como na Feiriña desta fin de semana.
Deste xeito, é un instrumento inovador frente a estrutura tradicional dos órganos consultivos das administracións, nos que se designan unha serie de integrantes permanentes e se establece un esquema de funcionamento burocrático. Para iso, partiuse das propostas achegadas durante as dúas sesións de gobernanza organizadas en 2023, nas que moitas participantes apuntaron as dificultades de participar con esquemas ríxidos. Estas sesións deron lugar á Declaración de Dereitos do río Tins, na que por primeira vez se lle recoñecen os dereitos a un río no noso país, e na que se asumía o compromiso de garantir a participación da veciñanza na gobernanza e nas decisións que se adopten sobre o río Tins e as súas ribeiras.
Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.
Na mañá do 24 de xullo o proxecto ReNatur_Outes contou coa colaboración das 75 crianzas do campamento de verán do Concello de Outes para instalar 4 caixas niño en varias árbores do treito urbano do río Tins ao seu paso pola Serra de Outes. As nenas e nenos decoraron as caixas nas xornadas previas á colocación e axudaron a escoller as localizacións e orientación máis adecuadas para favorecer o asentamento de especies de pequeno tamaño na próxima primavera.
A rapazada do campamento de verán tamén aprendeu sobre as especies de aves presentes na zona da man de técnicas da Fundación Montescola e do Concello de Outes. No percurso desde a Casa da Cultura tamén se implicaron na recollida de lixo, axudando a deixar o espazo fluvial limpo a poucas horas do inicio das festas do Santiaguiño.
Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.
Unha vintena de participantes botáronse (literalmente) ao río Tins este sábado 28 de xuño para continuar coa campaña de eliminación de especies invasoras arbóreas no treito urbano do río Tins ao seu paso pola Serra de Outes, e xusto antes da súa desembocadura na ría. Desta volta, retiráronse varios pes de falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e o último dos exemplares de mimosa (Acacia dealbata) que ficaba na superficie do proxecto ReNatur_Outes.
En total toráronse e derramáronse unhas 3 toneladas, coa particularidade de que boa parte dos traballos se tiveron que realizar dentro do río. A pesar da dificultade engadida, o traballo no río axudou a sobrelevar os efectos da onda de calor. Participaron na acción 12 voluntarias adultas e 6 crianzas da Casa de acollida da Asociación Dignidad Galicia, que se achegaron desde A Coruña para colaborar e coñecer o proxecto ReNatur_Outes. Na xornada tamén se realizaron traballos de control das matas de bambú e crocosmia.
Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.
O proxecto de renaturalización do río Tins en Outes programou unha nova acción de voluntariado ambiental para este mes de xuño, centrándose no percorrido final do leito fluvial até a súa desembocadura no esteiro, xa en Rede Natura 2000. A convocatoria será o sábado 28 de xuño para a eliminación de pes de falsa acacia, mimosa, bambú e tradescantia, estando aberta á participación de calquera persoa que se queira achegar.
A xornada comezará ás 10:00 sendo o punto de encontro a Casa da Cultura da Serra de Outes. As persoas voluntarias deben enviar un email inscribíndose a info@montescola.org até o xoves 26 de xuño. Ofrecerase un petisco ao final dos traballos (por volta das 13:00) na Casa da Cultura.
Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.
O pasado 10 de xuño presentouse o proxecto ReNatur_Outes no primeiro seminario do ciclo “Os retos da restauración fluvial”, organizada polo proxecto Cortecero Vive de Madrid. Varios relatores compartiron as súas experiencias abordando os retos socioambientais deste tipo de proxectos. A reunión concluíu cun debate sobre os temas presentados.
Joám Evans (director da Fundación Montescola ) salientou a importancia do voluntariado ambiental na plantación de árbores e na eliminación de plantas invasoras. Tamén explicou unha das actividades participativas levadas a cabo, as sesións de gobernanza, nas que imaxinaron o futuro do río Tins en 30 anos. Esta pregunta levou ao desexo da cidadanía de recoñecer o río como suxeito de dereitos, establecendo unha visión a longo prazo, que aborda o reto da continuidade do proxecto. Finalmente, destacou o exitoso funcionamento do voluntariado, especialmente no ámbito escolar.
Víctor Irigoyen (técnico ambiental da Fundación Conama ) presentou proxectos como o Life Cala Millor, que busca a adaptación da praia e os seus ecosistemas mediante unha gobernanza integral na que participen a administración e entidades privadas. Tamén mostrou o traballo que se está a levar a cabo no proxecto de restauración do río Manzanares-Gavia-Bulera . Entre os desafíos aos que se enfrontan os procesos participativos neste tipo de proxectos, destacou a perda da cultura fluvial, os conflitos entre os usos territoriais, a falta de educación ambiental específica e a necesidade de expertos nos procesos participativos. Tamén destacou estratexias como o recoñecemento da historia previa ou dos conflitos no territorio, a planificación de procesos que garantan a flexibilidade, a diversidade e a apertura, a importancia de axustar as expectativas, o recoñecemento da complexidade dos procesos e tamén a exploración do coñecemento local do territorio.
Camila Kuncar (Xestora de Proxectos do Centro Ibérico para a Restauración Fluvial (CIREF) / Cofundadora da iniciativa Camiñando pola Auga ) presentou o proxecto de demolición da presa do río Ega, situada na reserva natural do Barranco de Lasia e que tamén forma parte da Rede Natura 2000. Para este proxecto, e como recomendación, destacou a importancia da colaboración institucional e da xeración de redes de confianza coas comunidades locais para facilitar a apropiación e custodia dos entornos fluviais. Outra estratexia que presentou para a comunicación foi o uso de carteis explicativos e sinalización para concienciar sobre a noción de restauración fluvial. Tamén presentou a iniciativa “Camiñando pola Auga” e un podcast para promover a divulgación e o compromiso co río.
Benjamín Pérez (técnico responsable da execución do proxecto de restauración do río Barranco de Beniopa no Concello de Gandia) presentou o proxecto de restauración do Barranco de Beniopa en Gandia. Comezou explicando as consecuencias das inundacións de 1987 na zona e a posterior canalización do barranco, que limitou o espazo do leito do río. Un dos desafíos cos que se atoparon é que estes espazos se volven mundanos debido á sequidade, acumulando restos e plantas invasoras como as xuncas. Isto levou á proposta dun plan director (Plan Especial da Anella Verde de Gandia) no que o Barranco de Beniopa é un dos principais eixes. Salientou como a concienciación social é clave e explicou como a estratexia de difusión do proxecto foi porta a porta. A presentación do plan director xerou unha resposta positiva, impulsada polas preocupacións sobre a xestión das inundacións en Valencia en 2024, en contraste co desafío que supuxo a introdución de procedementos de expropiación para propiedades próximas ao barranco.
Fernando Saura (presidente de Territorios Vivos ) presentou o Proxecto Ríos, que ten como obxectivo concienciar sobre os entornos fluviais a través da ciencia cidadá. Durante os obradoiros que organizan, os propios cidadáns, empregando diversas ferramentas, determinan o estado ecolóxico dos tramos fluviais estudando a flora, a fauna, a xeoloxía e a calidade da auga. Entre os desafíos atopou a interrupción da financiación, que transformou o proxecto nun evento puntual en lugar de sistemático. Mencionou estratexias como o ” Manual de Adopción de Ríos ” e o uso de ferramentas sinxelas para realizar obradoiros de ciencia cidadá. Destacou que esta actividade achega aos cidadáns ao entorno fluvial e facilita a concienciación ambiental.
O debate destacou como a cultura pode ser unha ferramenta poderosa para fomentar lazos de administración entre os participantes que están menos implicados nestes procesos. Tamén se reflexionou sobre a importancia da linguaxe ao discutir elementos da restauración fluvial, como a noción de “limpar o río”.
A pesar das diferenzas entre territorios e escalas, persisten certos desafíos, como a perda de cultura que rodea os ríos, o concepto de limpeza como falta de vexetación e garantir a continuidade a medio e longo prazo destes proxectos. En resposta, as estratexias compartidas apuntan na mesma dirección: crear confianza coas comunidades locais, recoñecer o coñecemento xa presente no territorio fomentando a escoita, promover a apropiación cidadá a través de actividades que acheguen o entorno fluvial, activar redes e partes interesadas para colaborar no proxecto e recoñecer os ríos e regatos como sistemas complexos . Este primeiro seminario sobre os desafíos da restauración fluvial destaca, polo tanto, que a concienciación e a colaboración son condicións fundamentais para o éxito dos proxectos de restauración fluvial.