Categorías
Noticias

15 de decembro: Foro do río Tins

O venres 15 de decembro celebrarase, a partir dás 17:00 no Centro Social da Serra de Outes, o Foro do río Tins no marco do proxecto ReNatur_Outes. Trátase dunha actividade aberta a todo o público coa que se quere dar voz á veciñanza e ao tecido asociativo local para que esta sexa partícipe nas estratexias de conservación e mellora do espazo fluvial.

O foro comezará cunha introdución, na que o equipo de proxecto fará un repaso dos eixos principais desta iniciativa de renaturalización fluvial desenvolvidas ata o momento. A continuación celebrarase unha sesión de gobernanza co obxectivo de consensuar coas persoas participantes unha proposta de “Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da veciñanza ribeirá”.

Tamén se dará conta das achegas realizadas nas semanas previas pola comunidade educativa, colectivos locais e persoas a título individual, unha vez que a proposta de declaración está aberta a comentarios tanto desde a web do proxecto como fisicamente na Casa do Concello.

Ao finalizar a sesión celebraremos a adopción da Declaración de Dereitos do río Tins cuns petiscos, polo que pregamos confirmar a participación no email info@montescola.org

Esta é a primeira vez que desde un concello se recoñecerán os dereitos dun elemento natural, dotándoo dunha carta no que se recoñecen desde o dereito a non ser contaminado ou danado por actividades humanas ata o dereito á protección e conservación. A proposta de declaración tamén recolle os compromisos da veciñanza das ribeiras do Tins así como das súas institucións, incluíndo os de actuar en caso de calquera violación dos dereitos do río e a participar na súa conservación e mellora.

A Declaración encádrase nas experiencias internacionais de recoñecemento dos dereitos da natureza, estabelecendo dereitos intrínsecos asociados a diversos ecosistemas. Xa son máis de 30 os países nos que se adoptaran instrumentos lexislativos para o seu recoñecemento, en moitos casos referidos a determinados cursos fluviais como o río Whanganui en Nova Zelandia, o río Ganxes na India, o río Buriganga en Bangladesh ou o río Atrato en Colombia. O Tins será o primeiro río de todo o Estado ao que se lle recoñecen os seus dereitos, logo de que en 2022 se recoñecese a lagoa do Mar Menor como un ecosistema como suxeito de dereitos.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental, isto último mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes ao longo de toda a vida do proxecto mediante a celebración de sesións de gobernanza. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, senón tamén xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto para manter vivo o seu legado.

Categorías
Noticias

Publícase un estudo técnico, histórico, paisaxístico e ambiental do estado do río Tins

O proxecto ReNatur_Outes ven de publicar un Estudo técnico, histórico, paisaxístico e ambiental do estado actual do río Tins no ámbito urbano de Outes realizado pola Universidade da Coruña no primeiro semestre de 2023. O estudo está enmarcado na acción A1 de Creación da estratexia de reordenación e integración ambiental do proxecto Renatur_Outes e pode descargarse desde a páxina de publicacións desta web.

Trátase dunha análise pormenorizada dende o punto de vista: (i) histórico, a través da historia do entorno e da evolución do ámbito de actuación no tempo; (ii) técnico, profundindo na definición e xestión urbanística do espazo, na lexislación hidrolóxica e no estudo dos proxectos de modificación do propio río e o seu leito; e (iii) paisaxístico, isto é, artístico e ambiental.

O obxectivo do estudo é profundar no coñecemento do ámbito do río Tins e servir de base para a elaboración do futuro Plan Estratéxico de Reordenación de Espazos e Integración Ambiental do Río Tins. En paralelo, dende a Universidade da Coruña, estase a levar a cabo un proceso de deseño enfocado a comprender e analizar os problemas do estudo, un proceso académico co alumnado e profesorado da materia de Proxectos 9 do grao en Estudos de Arquitectura da Universidade da Coruña e un proceso participativo no lugar do proxecto. Froito destes procesos dará lugar o Plan estratéxico.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Categorías
Noticias

Éxito do campamento de voluntariado ambiental

A pesar do mal tempo inicial, o venres 28 de xullo botou a andar o primeiro campamento de voluntariado ambiental do río Tins, con 27 participantes de todas as idades: desde os 4 ata os 60 anos. A iniciativa forma parte do proxecto Renatur_Outes. Durante tres xornadas, de sábado a domingo, o grupo acampou no pavillón municipal e traballou arreo na eliminación de herba da fortuna (Tradescantia fluminensis), especie invasora que impide a presenza das especies propias dos habitats de ribeira. O traballo de eliminación é minucioso máis, mesmo así, retiráronse aproximadamente dúas toneladas de planta nunha superficie de 400 m2 na parte posterior do antigo cine da Serra.

Tamén se realizou descascado doutras especies de árbores invasoras presentes no río como a acacia negra (Acacia melanoxylon), a mimosa (Acacia dealbata) e a falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e recolléronse 100 kg de lixo da zona de ribeira, fundamentalmente plásticos. No sábado e domingo varias participantes visitaron a cabeceira do río Tins, gozando das fervenzas e entorno natural das capelas de San Paio e Santa Locaia, mentres que outras aproveitaron para refrescarse na praia de Broña. Ademais de formación práctica en técnicas de eliminación de especies exóticas invasoras organizouse un micro-obradoiro de utilización da app de identificación e mapeamento de especies iNaturalist.

O proxecto Renatur_Outes está liderado polo Concello de Outes e conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) así como co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

ReNatur_Outes continuará traballando nos dous próximos anos con outras accións de limpeza de residuos da contorna fluvial, sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas e fomento a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias

28-30 xullo: Campamento de voluntariado ambiental no Tins

Do 28 ao 30 de xullo terá lugar na Serra de Outes o primeiro Campamento de voluntariado ambiental no río Tins, como parte do proxecto Renatur_Outes. Durante tres días as voluntarias participantes coñecerán de primeira man a situación do treito urbano do río Tins e contribuirán activamente na súa renaturalización, eliminando especies exóticas invasoras, limpando a ribeira e formándose en mini-obradoiros co obxectivo de formar as persoas participantes.

Durante os tres días habilitarase unha zona de acampada tanto para as voluntarias que se acheguen de fóra de Outes como para as veciñas que queiran gozar do Tins dun xeito distinto nestas xornadas. Está aberto a participantes maiores de 18 anos e a familias con menores de calquera idade. Para máis información ou para inscribirse débese enviar un email a info@montescola.org O prazo de inscrición finaliza o 25 de xullo.

O programa provisional pode consultarse a continuación e o contido dos mini-obradoiros de formación anunciarase nas próximas semanas:

Programa

Venres 28

18:00 Recepción de participantes e instalación de tendas (para quen acampe).
19:00 Benvinda, presentación do proxecto ReNatur_Outes e explicación do programa.
19:30 Roteiro polo Tins e identificación das zonas de intervención do acampamento.
21:00 Convivio.

Sábado 29

08:20 Almorzo.
09:00 Inicio dos traballos de voluntariado ambiental.
11:00 Pausa.
14:30 Comida de convivio.
16:00-19:30 Tempo de lecer para descubrir o Tins.
19:30-21:00 Mini-obradoiros de formación.
21:00 Convivio.

Domingo 30

08:20 Almorzo.
09:00 Inicio dos traballos de voluntariado ambiental.
11:00 Pausa.
14:30 Comida de convivio.
16:00-19:30 Visita ás Fervenzas de San Paio.
19:30 Despedida (até a próxima!).

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias

ReNatur no 50º aniversario do CEIP de Outes

No marco da celebración do 50º aniversario do CEIP de Outes, que terá lugar no centro educativo o venres 16 de xuño entre as 17:00 e as 19:00, ReNatur_Outes súmase ás conmemoracións cunha actividade aberta á participación de toda a comunidade escolar e persoas interesadas: ALÉN DO PATIO. Mapeo emocional do río Tins.

Será unha actividade introductoria, realizada a partir de información recompilada para o Estudo técnico, histórico e paisaxístico do río Tins, en proceso de elaboración. A través dun mapa xigante e fotografías convídase ás participantes a reflexionar sobre as características das distintas zonas do río, as emocións que suscitan, as actividades que se realizan nelas ou as que se podería e nos gustaría realizar.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Dentro das actividades deseñadas para o Renatur_Outes e coordinada polo departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña e o Concello de Outes, realizarase unha estratexia de reordenación e integración ambiental na que se enmarca esta actividade.

Categorías
Noticias

Auga limpa e biodiversidade: o máis prezado do río Tins

Como parte da 1ª Sesión de gobernanza: “O Futuro do río Tins”, organizada na Casa da Cultura de Outes o pasado 3 de marzo como parte do proxecto ReNatur_Outes, medio cento de participantes valoraron a importancia que para cada quen teñen certos aspectos da súa relación co río Tins, desde o arborado e a biodiversidade ata a relación coa ría ou o patrimonio histórico e cultural.

Das 42 respostas válidas que se analizaron, a maioría destacaba a importancia da auga limpa como aspecto chave do río Tins (cunha puntuación de 9,98 de 12) mentres que a beleza do lugar tivo a menor das puntuacións (con 5,35). O primeiro elemento garda relación cos propios usos que as participantes manifestan dar ao río, entre os que destacan os recreativos ligados ao baño e á pesca.

Outros elementos ambientais (como a biodiversidade, o río como fonte de vida e parte do ciclo hidrolóxico, o espazo fluvial como corredor de biodiversidade ou o propio arborado de ribeira) recibiron puntuacións altas, de entre 7,48 e 8,29 puntos, mentres que a relevancia do río como lugar de festas e celebracións, a relación coa ría ou os propios dereitos e axencia do río recibiron puntuacións intermedias.

Gráfico 1. Elementos máis valorados da relación das participantes co río Tins

A percepción que a veciñanza e outras persoas usuarias teñen do espazo fluvial fo río Tins é chave para consensuar as accións que se levarán a cabo nos próximos anos como parte do proxecto e para imaxinar un futuro colectivo para o río Tins. Dentro desa visión, o proxecto empregará os resultados cuantitativos e cualitativos da primeira sesión de gobernanza para elaborar un primeiro borrador de carta ou declaración de dereitos do río Tins e dos dereitos e responsabilidades da comunidade local que nos axude a traballar para o futuro do río Tins que queremos a través dun órgano de gobernanza e participación. Eses elementos serán abordados na seguinte sesión de gobernanza, a celebrar no próximo outono.

Durante a primeira sesión de gobernanza tamén houbo espazo para que as participantes imaxinaran como lles gustaría que fose o río Tins daquí a 10 anos, en 2033. Entre o imaxinario xerado resultaron recorrentes a recuperación dos espazos para o baño (especialmente entre as participantes máis novas) ou a recuperación de muíños coas súas infraestruturas de modo que poidan verse unha vez máis en funcionamento. Tamén se destacou a necesidade de recuperar a fauna fluvial, hoxe minorada, con medidas como introducir ou mellorar escalas para peixes en certos puntos, completar e mellorar o saneamento na cunca do Tins ou eliminar a contaminación procedente do uso de xurros.

Varias participantes remarcaron a necesidade de considerar o río Tins de xeito integral, máis alá da zona urbana na que se focaliza o actual proxecto ReNatur-Outes. Referíronse, entre outros espazos naturais e elementos de arquitectura popular, as fervenzas da Capela de San Paio e a visión dunha senda peonil que una a Serra de Outes cos treitos altos do río Tins recuperando as servidumes de paso fluviais. Finalmente, destacouse a importancia de potenciar a agricultura ecolóxica nas zonas de ribeira ligada a unha gastronomía local de calidade.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias

15 de xuño: 2ª xornada de eliminación de especies invasoras

O xoves 15 de xuño continúan as accións de eliminación e control de especies exóticas invasoras no entorno fluvial do río Tins no Concello de Outes, como parte do proxecto Renatur_Outes. Nesta segunda xornada de traballo, que se realizará entre as 10:00 e 11:30 da mañá, a intervención centrarase na eliminación de exemplares de acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e falsa acacia (Robinia pseudoacacia), así como nunha primeira intervención demostrativa sobre unha zona con herba da fortuna (Tradescantia fluminensis).

Para participar só é preciso estar ás 10:00 no punto de encontro (rúa Doutor Esperante, entre o río Tins e a parte posterior do patio do CEIP de Outes). Pódese traer unha navalla ou machada pequena para o descasque e un enciño para a eliminación de tradescantia. A organización proporcionará luvas ás participantes.

O descasque consiste nunha incisión en anel por volta do tronco ata chegar á madeira (xilema) que permite remover a casca (floema e tecidos exteriores) desde o corte ata a raíz, facilitando que a árbore seque en pé. As participantes aprenderán a utilizar esta técnica de xeito práctico e a utilizala pola súa conta en intervencións futuras. Apenas é necesario unha pequena navalla ou obxecto incisivo similar para realizar o entalle do anel.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias

5 de xuño: xornada de eliminación de acacias

O luns 5 de xuño comezan as accións de eliminación e control de especies exóticas invasoras no entorno fluvial do río Tins no Concello de Outes, como parte do proxecto Renatur_Outes. Nesta primeira xornada de traballo a intervención centrarase na eliminación de varias manchas de acacia negra (Acacia melanoxylon) así como de exemplares individuais de mimosa (Acacia dealbata) e falsa acacia (Robinia pseudoacacia). En todos os casos utilizarase a técnica de descasque.

O descasque consiste nunha incisión en anel por volta do tronco ata chegar á madeira (xilema) que permite remover a casca (floema e tecidos exteriores) desde o corte ata a raíz, facilitando que a árbore seque en pé. As participantes aprenderán a utilizar esta técnica de xeito práctico e a utilizala pola súa conta en intervencións futuras. Apenas é necesario unha pequena navalla ou obxecto incisivo similar para realizar o entalle do anel.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias

12 de maio: xornada de mapeamento de especies invasoras

O venres 12 de maio terá lugar unha xornada de mapeamento de especies exóticas invasoras no entorno fluvial do río Tins no Concello de Outes, como parte do proxecto Renatur_Outes. As participantes aprenderán a utilizar de xeito práctico e sinxelo a aplicación de ciencia cidadá iNaturalist que permite identificar e xeorreferenciar especies, combinando a colaboración das biólogas e naturalistas participantes no proxecto como con modelos de intelixencia artificial. A aplicación pode ser descargada gratuitamente no teléfono móbil por calquera persoa.

A actividade, que se encadra na programación da Semana Ibérica sobre Especies Invasoras, comezará ás 10:00 no espazo de cafetaría da Casa da Cultura da Serra de Outes, onde se realizará unha breve presentación do proxecto e da aplicación iNaturalist. A continuación, iniciarase unha visita de campo ao longo do treito urbano do río Tins na que as participantes rexistraran as observacións de especies exóticas invasoras presentes na zona. Non é necesario inscribirse nesta xornada, que está aberta a todo o público interesado.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acácia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias

Plantan medio cento de ameneiros no río Tins

Unha ducia de voluntarias participaron no sábado 15 de abril na primeira das intervencións de voluntariado ambiental para a renaturalización flivial do río Tins no Concello de Outes, como parte do proxecto Renatur_Outes. Nesta primeira xornada de traballo plantáronse medio cento de ameneiros (Alnus glutinosa) nas marxes do río, acción coa que se pretende minimizar a erosión en épocas de cheas e restaurar o hábitat prioritario de bosque de ribeira, no que os ameneiros teñen unha especial importancia como refuxio de invertebrados bentónicos e pequenos invertebrados.

Logo da plantación, que terá continuidade a partir no próximo inverno con máis intervencións, as voluntarias participantes realizaron un roteiro de identificación de especies exóticas invasoras nas zonas nas que se vai intervir nas seguintes accións de eliminación e control.