Categorías
Noticias Voluntariado

6 de agosto: nova acción de recollida de lixo e eliminación de invasoras no río Tins

O proxecto de renaturalización do río Tins en Outes non para en agosto e programa para o martes día 6 a primeira de varias accións previstas para este mes. Na xornada, prevista entre as 10:00 e as 13:00, continuaráse eliminando especies exóticas invasoras e retirando lixo nas ribeiras do treito final do río, ata a súa desembocadura no Esteiro do Tambre, en Rede Natura 2000. Arrincaranse manualmente exemplares de plantas invasoras como a tradescantia ou a crocosmia e descascaranse os exemplares de eucalipto, acacia e robinia para facilitar que sequen antes da corta e retirada destas árbores.

A actividade está aberta a todos os públicos e idades. Para participar só é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o luns 5 de agosto. O punto de encontro será o exterior da Casa da Cultura da Serra de Outes.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias Voluntariado

50 voluntarias limpan a ribeira do Tins en Outes

Na tarde deste venres 19 de xullo medio cento de participantes, a maior parte do Grupo Scout San Jorge 33 da Coruña, uníronse á xornada de voluntariado ambiental para a renaturalización do entorno fluvial do río Tins, na Serra de Outes. Desta volta o obxectivo era apañar o lixo das súas marxes, recolléndose 5 kg de plásticos e outros residuos.

Tamén se continuou coa eliminación de árbores exóticas invasoras, derramando e torando 3 toneladas de eucalipto e controlando a presenza de acacia negra e (Acacia melanoxylon) presente nas marxes. Durante a xornada, que se enmarca no proxecto ReNatur_Outes, realizáronse varias dinámicas explicando o problema das especies exóticas invasoras presentes no río Tins, axudando a identificálas e introducindo os distintos métodos para a súa eliminación.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias Voluntariado

19 de xullo: nova xornada de recollida de lixo e eliminación de invasoras

Este venres 19 de xullo volta á carga o programa de voluntariado ambiental para a renaturalización do entorno fluvial do río Tins, na Serra de Outes, desta volta para apañar o lixo das súas marxes e continuar coa eliminación de árbores exóticas invasoras, nomeadamente acacia, robinia e eucalipto.

A actividade, que se enmarca no proxecto ReNatur_Outes, terá lugar entre as 17:00 e as 20:00, e está aberta a todos os públicos e idades. Recollerase lixo no treito final do río ata a súa desembocadura no Esteiro do Tambre, espazo da rede Natura 2000. Para participar só é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o xoves 18 de xullo.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias Voluntariado

A desacaciación do río Tins en imaxes

Éxito absoluto da primeira xornada de voluntariado ambiental de eliminación de arborado de especies exóticas invasoras no río Tins, organizada o domingo 12 de maio como parte do proxecto ReNatur_Outes. Na actuación eliminouse un grande exemplar de acacia negra (Acacia melanoxylon), de case 3 toneladas, coa participación de 16 voluntarias e voluntarios.

Os traballos, que xa comezaron en días previos abatendo as árbores de maior porte, incluiron a elaboración de cadeiras a partir dos toros con destino ao patio deseñado polas nenas e nenos do CEIP Plurilingüe de Outes. Tamén se aplicou a técnica de descasque nos tocóns para eliminar por completo estas especies.

As actividades continuarán nos próximos meses para eliminar a totalidade de exemplares de mimosa (Acacia dealbata), robinia (Robinia pseudoacacia) e eucalipto (Eucalyptus globulus) das marxes do Tins contribuíndo así a renaturalizar este espazo natural de grande valor. A acción compleméntase coas realizadas no pasado inverno, coas que se plantaron case 300 árbores e máis dun cento de arbustos na zona de ribeira.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias Voluntariado

17 de maio: celebra as Letras Galegas cunha recollida de lixo e homenaxe literaria ao Tins

Este ano Outes inclúe entre a súa programación do Día das Letras Galegas unha actividade na que se combinará a recollida de lixo nas ribeiras do Tins cunha homenaxe literaria ao río que vertebra o concello. A actividade, que se enmarca no proxecto ReNatur_Outes, terá lugar de 10:00 a 13:00 na mañá do 17 de maio, e está aberta a todos os públicos e idades. Recollerase lixo no treito final do río ata a súa desembocadura no Esteiro do Tambre, espazo da rede Natura 2000.

Para participar só é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o xoves 16 de maio. Ao finalizar a recollida de residuos oferecerase un pequeno petisco ao voluntariado participante no exterior da Casa da Cultura da Serra de Outes, momento no que se realizará un percorrido literario pola pegada dos ríos na literatura galega, comezando polo poeta Francisco Añón, como homenaxe ao Tins.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias Voluntariado

Nova data para xornada de voluntariado: domingo 12 de maio

Dado o temporal previsto para o 4 de maio, adíase a xornada de voluntariado ambiental para o domingo 12 de maio. As inscricións están abertas ata o venres 10 de maio. Na intervención eliminaremos as árbores exóticas invasoras presentes en todo o tramo urbano da ribeira do río Tins na Serra de Outes. A actividade, que se enmarca no proxecto ReNatur_Outes, pretende eliminar un cento de exemplares de acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata), robinia (Robinia pseudoacacia) e eucalipto (Eucalyptus globulus) das marxes contribuíndo así a renaturalizar este espazo natural de grande valor. A acción compleméntase coas realizadas no pasado inverno, coas que se plantaron case 300 árbores e máis dun cento de arbustos na zona de ribeira.

A xornada de voluntariado está aberta á participación do público en xeral, de calquera idade, e forma parte da programación da Semana Ibérica sobre Especies Invasoras de 2024, que engloba máis dun cento de actividades en toda a península. Para participar só é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o venres 10 de maio. A xornada comezará ás 10:00 e seguirá ata as 13:00 aproximadamente, momento no que se oferecerá un pequeno petisco ao voluntariado participante. O punto de encontro será a Casa da Cultura da Serra de Outes.

Os traballos, que xa comezaron en días previos abatendo as árbores de maior porte, incluirán a elaboración de cadeiras a partir dos toros con destino ao patio deseñado polas nenas e nenos do CEIP Plurilingüe de Outes.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias Voluntariado

4 de maio: voluntariado ambiental para eliminación de árbores exóticas

O sábado 4 de maio volta con forza o voluntariado ambiental do río Tins, desta volta co obxectivo de eliminar ás árbores exóticas presentes en todo o tramo urbano da ribeira do río Tins na Serra de Outes. A actividade, que se enmarca no proxecto ReNatur_Outes, pretende eliminar un cento de exemplares de acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata), robinia (Robinia pseudoacacia) e eucalipto (Eucalyptus globulus) das marxes contribuíndo así a renaturalizar este espazo natural de grande valor. A acción compleméntase coas realizadas no pasado inverno, coas que se plantaron case 300 árbores e máis dun cento de arbustos na zona de ribeira.

A xornada de voluntariado está aberta á participación do público en xeral, de calquera idade, e forma parte da programación da Semana Ibérica sobre Especies Invasoras de 2024, que engloba máis dun cento de actividades en toda a península. Para participar só é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o venres 3 de maio. A xornada comezará ás 10:00 e seguirá ata as 13:00 aproximadamente, momento no que se oferecerá un pequeno petisco ao voluntariado participante. O punto de encontro será a Casa da Cultura da Serra de Outes.

Os traballos, que xa comezaron en días previos abatendo as árbores de maior porte, incluirán a elaboración de cadeiras a partir dos toros con destino ao patio deseñado polas nenas e nenos do CEIP Plurilingüe de Outes.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias

O pleno de Outes aproba por unanimidade a Declaración de Dereitos do río Tins

Esta semana o pleno do Concello de Outes fixo historia ao acordar por unanimidade a Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da súa comunidade ribeirá, un texto que fora consensuado pola veciñanza o pasado 15 de decembro logo dun proceso participativo, e que agora adoptou formalmente a corporación municipal.

Trátase da primeira vez que un concello recoñece expresamente os dereitos dun elemento natural, neste caso os do río Tins, incluíndo o dereito á protección e á conservación, ou a non ser danado nin contaminado. A Declaración aprobada o 29 de febreiro tamén asume unha serie de compromisos colectivos para asegurar que estes dereitos son respectados.

A Declaración inclúe 10 dereitos e 14 compromisos que xurdiron das discusións nas que participou o tecido asociativo local, a comunidade educativa e a veciñanza a título individual, así como representantes do propio Concello de Outes e das institucións que participan do proxecto ReNatur_Outes, de cuxo proceso xurdiu a Declaración agora aprobada.

A Declaración pretender servir como marco para orientar as políticas públicas relativas á xestión do espazo fluvial do río Tins e tamén como referente para iniciativas da propia sociedade civil, comunidade educativa e do tecido empresarial do concello, que xa está a traballar en diversas iniciativas asociadas ao coidado e posta en valor de todo o que representa o Tins.

A Declaración encádrase nas experiencias internacionais de recoñecemento dos dereitos da natureza, estabelecendo dereitos intrínsecos asociados a diversos ecosistemas. Xa son máis de 30 os países nos que se adoptaran instrumentos lexislativos para o seu recoñecemento, en moitos casos referidos a determinados cursos fluviais como o río Whanganui en Nova Zelandia, o río Ganxes na India, o río Buriganga en Bangladesh ou o río Atrato en Colombia. O Tins será o primeiro río de todo o Estado ao que se lle recoñecen os seus dereitos, logo de que en 2022 se recoñecese a lagoa do Mar Menor como un ecosistema como suxeito de dereitos.

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental, isto último mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes ao longo de toda a vida do proxecto mediante a celebración de sesións de gobernanza. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, senón tamén xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto para manter vivo o seu legado.

Categorías
Noticias Plantacións

As nenas e nenos do colexio de Outes crean un bosque no seu patio

Un cento de nenas e nenos do CEIP Plurilingüe de Outes participaron este mércores 28 de febreiro nunha acción para convertir nun bosque de ribeira parte do patio escolar, colindante co río Tins. As escolares plantaron ducias de freixos, ameneiros, pradairos, sabugueiros, bidueiros e érvedos, contribuíndo á renaturalización da contorna e a crear un espazo máis acolledor para a biodiversidade a as propias nenas e nenos.

A plantación realizouse coa colaboración do proxecto ReNatur_Outes e forma parte do esforzo por recuperar a vexetación de ribeira ao longo do treito urbano do río Tins na Serra de Outes, plantando 300 novas árbores e 200 arbustos. As árbores plantadas non só ofrecerán sombra e un espazo de xogos para as próximas xeracións escolares, máis tamén sirvirán como refuxio de invertebrados bentónicos e pequenos invertebrados.

Imaxes de drone e vídeo cortesía de Rober Vilela

Liderado polo Concello de OutesRenatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Categorías
Noticias Plantacións Voluntariado

Nova plantación de freixos e ameneiros no río Tins

A pesar da chuvia, este sábado 24 de febreiro realizouse unha nova actividade de voluntariado ambiental do proxecto ReNatur_Outes, na que unha ducia de participantes plantaron 76 freixos e ameneiros ao longo do treito urbano do río Tins na Serra de Outes, contribuíndo á súa renaturalización. Os traballos continuarán o próximo mércores día 28 co alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes.

O obxectivo da acción é dobre: consolidar os noiros do río para evitar erosión e danos durante os episodios de enchentes e contribuir á recuperación dos ecosistemas de ribeira, pois estas árbores teñen unha especial importancia como refuxio de invertebrados bentónicos e pequenos invertebrados. O proxecto ReNatur_Outes plantará 300 novas árbores e 200 arbustos no treito urbano do río.