Vixilancia ambiental cidadá
A conservación e bo estado do río Tins e da súa contorna depende de toda a veciñanza e persoas usuarias. Se observas algunha situación ou problema que deba abordarse, agrademos a túa colaboración:
- Detección de vertedoiros, entullos ou lixo
- Alerta temperá de novas especies invasoras ou rebrotes
- Danos na cartelería ou infraestrutura
- Árbores ou plantas arrincadas ou con danos
- Etc.

Se percibes algunha destas incidencias podes comunicarte directamente connosco a través do correo renatur@outes.gal, mediante o formulario desta páxina ou ben a través da caixa de suxestións instalada na planta baixa da Casa do Concello. Agradecemos que indiques a ubicación concreta da incidencia e, de ser posible, acompañalo de algunha fotografía.
Estas canles tamén están dispoñibles para atender a todas as vosas dúbidas, inquedanzas e suxerencias que poidan surxir en relación co proxecto Renatur_Outes.
