O Concello de Outes é un municipio de algo máis de 6.000 habitantes que ten feito unha aposta pola conservación da natureza. A súa capital, a Serra de Outes, está atravesada polo río Tins e á beira do LIC Esteiro do Tambre.O Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal ten como obxectivo a promoción, dinamización e desenvolvemento de investigación interuniversitaria de carácter multidisciplinar tendo ampla experiencia na xestión de proxectos.A Universidade de Santiago de Compostela participa….A Universidade da Coruña é unha institución pública que ten como finalidade esencial a xeración, a xestión e a difusión de cultura e de coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento da investigación e da docencia.A Universidade de Vigo é unha institución dinámica e integrada na súa contorna á vez que comprometida coa sociedade na que vive, coa que convive e á que se debe. Aposta pola orientación das súas capacidades cara á transferencia do coñecemento.A Fundación Montescola é unha entidade de interese xeral e sen ánimo de lucro que ten entre os seus fins a defensa e conservación do ambiente. Impulsa varios proxectos de voluntariado ambiental, conservación comunitaria e gobernanza participativa.