Estudo técnico, histórico,
paisaxístico e ambiental
do estado actual do río
Tins no ámbito urbano
de Outes

Este documento de Estudo técnico, histórico, paisaxístico e ambiental do estado actual do río Tins no ámbito urbano de Outes realizado pola UDC no primeiro semestre de 2023, está enmarcado na acción A1 de Creación da estratexia de reordenación e integración ambiental do proxecto Renatur_Outes. Trátase dunha análise pormenorizada dende o punto de vista: (i) histórico, a través da historia do entorno e da evolución do ámbito de actuación no tempo; (ii) técnico, profundindo na definición e xestión urbanística do espazo, na lexislación hidrolóxica e no estudo dos proxectos de modificación do propio río e o seu leito; e (iii) paisaxístico, isto é, artístico e ambiental. O obxectivo é profundar no coñecemento do ámbito e servir de base para a elaboración do Plan Estratéxico de Reordenación de Espazos e Integración Ambiental do Río Tins. En paralelo, dende a Universidade da Coruña, están a levarse a cabo un proceso de deseño enfocado a comprender e analizar os problemas do estudo, un proceso académico co alumnado e profesorado da materia de Proxectos 9 do grao en Estudos de Arquitectura da UDC e un proceso participativo no lugar do proxecto. Froito destes procesos dará lugar o Plan estratéxico.
Guía Especies Invasoras. Río Tins – Outes

Existe un número crecente de indicadores que nos informan que estamos perdendo diversidade de especies nos nosos ecosistemas. Nun mundo altamente interconectado, onde o comercio e o intercambio de recursos non para de medrar, o número de especies exóticas invasoras (EEI) está crecendo rapidamente. De feito, as invasións biolóxicas son unha das ameazas mundiais máis eminentes para a biodiversidade, os servizos dos ecosistemas e os medios de vida.
Os ríos teñen un gran valor cultural, estético, socioeconómico e ecolóxico. Proporcionan beneficios difíciles de cuantificar a persoas de todo o mundo, sendo esenciais para a economía sostible do estado. O seu valor natural, estético e económico vese diminuído polas EEI e a súa perda significa un enorme retroceso da posta en valor do medio cultural e natural próximo.
A presenza de plantas exóticas constitúe unha seria ameaza para os ecosistemas riparios xa que se espallan e medran rapidamente, podendo converterse, en moitos casos, en invasoras. As EEI desprazan ás especies autóctonas, reducen a eficacia dos servizos dos ecosistemas e causan importantes perdas na economía. Estas plantas forman extensións monoespecíficas mudando a composición das comunidades e reducindo a abundancia de especies nativas. No leito do río, impiden o movemento libre da auga, facilitan o aumento dos asolagamentos, reducen os niveis de osíxeno e diminúen a calidade da auga.
Este catálogo de especies aspira a ser unha ferramenta necesaria dentro das estratexias de xestión das especies invasoras na bacía do río Tins. Pretende dar a coñecer aquelas especies que, sendo exóticas, son causa de risco ou xa causan un dano ao ecosistema ou ben, por atoparse en bacías de ríos próximos, poidan ser unha ameaza. Enténdese este listado como predisposto a súa actualización periódica en función dos novos datos que se aporten, axudando á alerta temperá e a unha resposta rápida na xestión.
Na elaboración deste catálogo introducíronse datos que pretenden axudar á comunidade docente a transmitir información e á realización de actividades de coñecemento do medio capaces de sensibilizar do dano das EEI e do beneficio de conservar a biodiversidade.
ReNatur_Outes nos medios de comunicación
31/07/2023: A trintena de participantes do Campamento de Voluntariado do río Tins (Outes) retirou dúas toneladas de herba da fortuna e 100 kg de lixo (O Barbanza)
31/07/2023: Retiradas dos toneladas de una planta invasora en el entorno del río Tins a su paso por A Serra (La Voz de Galicia)
29/07/2023: Comeza o campamento de voluntariado ambiental do río Tins en Outes con 35 participantes (O Barbanza)
14/07/2023: Outes acolle entre os días 28 e 30 de xullo un campamento voluntariado ambiental para a rexeneración no río Tins (O Barbanza)
15/06/2023: O CEIP de Outes participou este xoves nunha xeira de erradicación de invasoras no río Tins (O Barbanza)
14/06/2023: Nova xornada de eliminación de especies exóticas invasoras nas beiras do río Tins en Outes (O Barbanza)
05/06/2023: Comeza a eliminación de especies exóticas invasoras nas beiras do ría Tins en Outes (O Barbanza)
10/05/2023: Outes organiza o 12 de maio unha xornada de mapeamento de especies invasoras (O Barbanza)
05/05/2023: Outes presenta un avance do Plan de Integración urbana do río Tins (O Barbanza)
16/04/2023: La renaturalización del Tins arranca con la plantación de 50 ameneiros (La Voz de Galicia)
15/04/2023: Voluntarias plantan medio cento de ameneiros no río Tins en Outes (O Barbanza)
12/04/2023: Primeira xornada de voluntariado ambiental do proxecto Renatur_Outes (O Barbanza)
08/04/2023: O 15 de abril comezan as xornadas de voluntariado para recuperar o río Tins, en Outes (O Barbanza)
04/04/2023: Outes redeseña o paseo do río Tins (El Correo Gallego)
04/04/2023: O plan de integración urbana do río Tins transformará a Serra de Outes (Canal 7 Rías Baixas)
04/04/2023: Outes avanza no proxecto Renatur Outes coa humanización da praza do Concello (Canal Barbanza)
03/04/2023: Tres proyectos y una inversión de 415.000 euros para la integración urbana del río Tins a su paso por Outes (La Voz de Galicia)
06/03/2023: O proxecto Renatur_Outes avanza na recuperación ambiental do río Tins (O Barbanza)
04/03/2023: Outes recuperará o río Tins co proxecto Renatur Outes (Canal Barbanza)
03/03/2023: Echa a andar el proyecto Renatur_Outes en el río Tins (La Voz de Galicia)
03/03/2023: Arranca en Outes o programa Renatur para a recuperación do cauce do río Tins ó seu paso pola Serra (Canal 7 Rías Baixas)
03/03/2023: O proxecto Renatur-Outes colle impulso coa visita do alumnado da UDC e a celebración dun seminario (O Barbanza)
01/03/2023: Outes se alía con las universidades para sanear, ordenar e integrar el río Tins (El Correo Gallego)
01/03/2023: Comezan os traballos de renaturalización do río Tins en Outes (Ria de Noia)
25/02/2023: Comezan os traballos de renaturalización do río Tins en Outes (O Barbanza)
13/10/2022: Outes busca renaturalizar o río Tines co apoio das tres universidades galegas (El Correo Gallego)
11/10/2022: Las tres universidades gallegas participan en un proyecto para la integración urbana del río Tines (La Voz de Galicia)
04/10/2022: A USC colabora na reintegración do río Tines ao seu paso por Outes (Lindeiros)
29/09/2022: Outes recuperará o río Tines coa axuda de especialistas en medio ambiente das nosas universidades (O Barbanza)